Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta 2011Cando a literatura se reviste coa pel da música, xorde Outono aquí, novela que, dende un íntimo diálogo entre sociedade, identidade e individuo, asume a escrita da modernidade, por esa fuxida de todo intento de solideza, como se todo, voces e silencios, acabasen por se esluír no ar da desmemoria do que fomos, seres nados en aldeas feridas pola coitelada sangrante de autovías mal trazadas, que obrigan aos seus habitantes a asumiren todas as formas inimaxinables de deshumanización nos barrios obreiros das cidades emerxentes. Son vidas de desacougo, angustia, soidade, rancor e contas pendentes. Outono aquí é, sen dúbida, un achegamento a eses seres forxados en espazos de miseria moral e física e á súa decadencia, á ignonimia de actos cometidos no nome da honra familiar vilipendiada, aos fillos e fillas deses seres e ás súas feridas. E o caso de Xoán e Guillerme, os protagonistas, que loitan por reconstruír a súa identidade a partir de falsos certificados de nacemento, historiais médicos de prognóstico incerto, segredos nunca antes confesados, fotografías veladas e tantas lembranzas esquecidas que, ao verbalizalas, conteñen unha soidade, ateigada, no entanto, de físgoas de felicidade. Guillerme vese obrigado a viaxar a Gante, unha anónima cidade europea, un lugar con prazas, estatuas, castelos turísticos e barrios obreiros, tan igual e tan diferente coma calquera outro, para recuperar unha herdanza que lle pertence de seu e escoitar tamén as palabras de perdón de Xoán, o seu exitoso irmán músico, mais nesa viaxe non só atopará a verdade dos feitos, senón tamén unha man cálida e amable que o axuda a saír da espiral da vertixe e, sobre todo, a cicatrizar tantas feridas abertas.
-5%
Antes:15,00 €
Depois de:14,25 €
IVA incluído
Sen disponibilidade

(g).outono aqui.(medusa) é um livro do gênero NARRATIVA do autor Regueira, Mario editado por SOTELO BLANCO no ano 2012.
(g).outono aqui.(medusa) tem um código ISBN 978-84-7824-616-8 e consiste em 184 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos (g).outono aqui.(medusa) em formato ebook.
10,00 € 9,50 €
14,50 € 13,78 €
20,95 € 19,90 €
12,40 € 11,78 €
17,00 € 16,15 €
26,50 € 25,18 €
19,90 € 18,91 €
17,90 € 17,01 €
21,90 € 20,81 €
17,00 € 16,15 €
20,00 € 19,00 €
20,00 € 19,00 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...