En O atentado, Cándido, natural dunha pequena aldea do Val de Lemos, sofre a tortura de verse chantado no corazón da capital de España entre un roncudo e estralicante mar de gomas e ferros. Baixo o seu casco branco de garda de tráfico, ocúltase un fresco sombreiro de palla. Opresivo como L´étranger, o sol madrileño de O atentado pon a luz para unha longa proxección na mente do protagonista: a lembranza dun mundo labrego e familiar definitivamente perdido, o reencontro imposible coa natureza e coa infancia, a nostalxia dun espacio válido para as relacións humanas fronte á dureza metálica e abafante das grandes urbes. O atentado móstranos, mediante un perfecto tecido de épocas e lugares, o conflicto que supuxo para milleiros de galegos abandonar as aldeas, xa en decadencia, para se converter en inxertos nun contexto sociocultural adverso.O atentado é unha novela de contrapunto que alterna admirablemente o monólogo interior coa narración retrospectiva, o espacio urbano co aldeán, a violencia coa tenrura. Ferreiro creou espacios, tempos e contrapuntos sen que se noten as soldaduras. Cándido é un pobre labrego, por iso Madrid o afoga e o aniquila, anque alí terá que seguir pois nunca poderá fuxir no tren dos seus soños que baixa poal Gran Vía camiño de Galicia, ata ser destruído dunha maneira dramática e inesperada.O atentado é unha historia de morte e amor, na que Fernández Ferreiro confesa que hai moito de si mesmo, constituíndo unha grande homenaxe a súa aldea perdida. Tecida plano a plano, é un dos froitos máis logrados da artesanía literaria deste grande novelista labrego e afiador.
-5%
Antes:16,65 €
Depois de:15,82 €
IVA incluído
Descontinuado

O atentado do autor Fernández Ferreiro, Xosé editado por XERAIS
O atentado tem um código ISBN 978-84-8302-394-5. Neste caso, é o formato papel, mas não temos O atentado em formato ebook.
19,50 € 18,53 €
20,95 € 19,90 €
19,95 € 18,95 €
20,50 € 19,48 €
12,15 € 11,54 €
11,75 € 11,16 €
23,50 € 22,33 €
52,04 € 49,44 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...