"O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais" é unha obra que pon ó día a praxe autonómica galega. Parte da teoría estatutaria de 1981 e analiza polo miúdo a interpretación que o Tribunal Constitucional dá na súa xurisprudencia dos ámbitos de actuación dos poderes públicos galegos. O autor, Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado do Parlamento de Galicia, presenta, seguindo a sistemática do texto do "Estatuto de Galicia", un percorrido detallado de toda a normativa (legal e regulamentaria) que o desenvolve, e achega unha escolma bibliográfica de grande utilidade. Trátase dun libro que proporciona unha información exhaustiva sintetizada dun xeito sistemático que procura facilita-la comprensión e aplicación do ordenamento xurídico de Galicia e a conflictividade entre o Estado e a Xunta de Galicia dende 1981 a 2003, presentando pois evidente interese para os que se aproximen á experiencia autonómica galega, tanto dende unha perspectiva estrictamente xurídica como dende a análise politolóxica.Este tratado pon sobre a mesa problemas de grande actualidade como o do rendemento institucional dos poderes públicos autonómicos, necesidade de reforma do texto estatutario versus novas fórmulas federais ou confederais, os límites da autonomía galega ou o papel do Tribunal Constitucional como supremo intérprete da Constitución e, en xeral, do que denomina "bloque de constitucionalidade". O libro vai precedido dunha presentación de Aurelio Miras Portugal, actual Conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia, que sinala "a calidade e densidade dunha magnífica obra xurídica, que agocha todo un contido humano".
-5%
Antes:33,25 €
Depois de:31,59 €
IVA incluído
Descontinuado
Se a sua compra exceder 19

O Estatuto de Galicia do autor Sarmiento Méndez, Xosé Antón editado por XERAIS
O Estatuto de Galicia tem um código ISBN 978-84-8302-975-6. Neste caso, é o formato papel, mas não temos O Estatuto de Galicia em formato ebook.
26,30 € 24,99 €
12,95 € 12,30 €
13,95 € 13,25 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...