Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.
O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles ?con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moi limpo? e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos.
Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoas manipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementos propios da cachaporra ?con mocadas e pelexas sen escrúpulos.
No epílogo da obra Esther Carrodeguas manifesta:
«Este pequeno divertimento teatral está deseñado para que persoas de diversas xeracións se senten no patio de butacas e poidan aprender un ben interesante episodio do noso pasado que pode iluminar, ademais, o noso presente. Tamén pretende ser a escusa perfecta para axudar a introducir aos máis pequechos e pequechas da casa en determinados feitos históricos e conceptos políticos por veces difíciles de explicar. A comedia de cachaporra ?tan deostada nos nosos tempos? antóllasenos de grande axuda para este cometido.
Por todo isto, "República Sideral" non é unha peza para a mocidade, pero tampouco unha peza para maiores: trátase dunha obra para desfrutar en conxunto, que debe de servir para xerar unha boa conversa interxeracional tras a caída do pano.
Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dos protagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que van pasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar de semellares tan farsescas. Isto ?por suposto? deberá de ser un estupendo motor de reflexión».
-5%
Antes:7,00 €
Depois de:6,65 €
IVA incluído

República sideral é um livro do gênero CRIANÇAS E JOVENS de LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS do autor Fernández Carrodeguas, María Esther editado por BAIA no ano 2021.
República sideral tem um código ISBN 978-84-9995-370-0 e consiste em 72 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos República sideral em formato ebook.
10,00 € 9,50 €
14,00 € 13,30 €
14,00 € 13,30 €
13,50 € 12,83 €
6,75 € 6,41 €
6,75 € 6,41 €
20,16 € 19,15 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...