Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso o referido a 1º curso da ESO. As autoras, Ana Brea Pedreira e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia. A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática. As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras. O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación. O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos. Ao final da unidade van tres apartados: Traballamos con..., Lectura complementaria e Lembra e aplica. Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.
-5%
Antes:38,31 €
Depois de:36,39 €
IVA incluído
Se a sua compra exceder 19

Sociais 1º.eso, da editora BAIA, é um livro editado por BAIA no ano 2011.
Para o livro didáticoSociais 1º.eso o código ISBN pertence a você 978-84-9995-000-6 e consiste em 256 Páginas. Neste caso, é o formato papel e nós não temos Sociais 1º.eso em formato ebook.
38,31 € 36,39 €
38,31 € 36,39 €
38,31 € 36,39 €
31,70 € 30,12 €
14,35 € 13,63 €
24,00 € 22,80 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...