Luís Alvarez Pousa constata o potencial estratéxico dos medios de comunicación nesta fin de século, cando se experimentan transformacións derivadas da globalización e da emerxencia das identidades. Os medios contribúen de maneira decisiva, necesaria e imprescindible, á conversión das identidades colectivas étnicas en identidades colectivas nacionais.Velaí por qué a clásica definición socioespacial de identidade precisa complementarse cunha definición sociocomunicacional. As portas do terceiro milenio, a construcción da nación, da súa identidade, esixe un marco político específico, un territorio institucional que na sociedade contemporánea é sobre todo un espacio de comunicación. Sobre esta hipótese está estructurado o corpo ensaístico de A identídade fronte á rede.Cando a información se converte en materia prima para calquera tipo de desenvolvemento, un proxecto nacional non pode ter éxito a menos que consiga que se institucionalice o seu espacio de comunicación, contando coa estructura mediática que no seu día fora política, cultural e socialmente lexitimada, e tamén cos novos e tecnoloxizados soportes. Galicia tamén pode ser un espacio de choque fronte ás estratexias de concentración nas que a sociedade da información descansa todo o seu poder homoxeneizador.¿Están os medios de comunicación galegos en disposición de aproveitar este potencial subversivo nesa dirección? Escudriñar con perspectiva galega ese proceso de confrontación entre a identidade e a rede é o que se fai nesta novidosa, documentada e arriscada reflexión.
-5%
Abans:17,25 €
Després16,39 €
IVA inclòs
Descatalogat

A identidade fronte á rede del autor Alvarez Pousa, Luis editado por XERAIS
A identidade fronte á rede tiene un código de ISBN 978-84-8302-382-2. En este caso se trata de formato paper, pero no disponemos de A identidade fronte á rede en formato ebook.
34,95 € 33,20 €
12,95 € 12,30 €
18,95 € 18,00 €
12,95 € 12,30 €
Vols que et comptem un secret? 🤫 Subscriu-te a nostra newsletter i rep les últimes novetats i promocions especials. Uneix-te a la nostra comunitat de lectors i lectores!
Responsable del tractament: Serlogal 2.0 S.L.; Contacte: protecciondatos@serlogal.com
Finalitat: Enviament de comunicacions comercials. Base jurídica: Consentiment exprés.
Destinataris: No es preveu cessions de dades a empreses alienes al nostre grup.
Drets: Accés, Rectificació, Limitació, Oposició
Es pot consultar la informació detallada a la nostra Política de Privadesa