"Arrepíos e outros medos" recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda é un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres míticos, e narrado sempre coa intención de que sexa crido. A lenda leva, á par do argumento, algúns motivos que a fagan verosímil: un lugar concreto, próximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co oínte, que serven de testemuñas de que o que se narra non é unha invención. A lenda, pois, aínda que poida repetirse nun e noutro sitio, está moi vencellada a un lugar. O presente volume, primeiro da colección LENDAS DE GALICIA de Edicións Xerais de Galicia, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das emocións primixenias e máis fortes do ser humano. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.
-5%
Abans:17,95 €
Després17,05 €
IVA inclòs

Arrepíos e outros medos es un libro del género LITERATURA de LITERATURA CLÀSICA del autor Miranda, Xosé editado por XERAIS en el año 2004.
Arrepíos e outros medos tiene un código de ISBN 978-84-9782-194-0 y consta de 168 Pàgines. En este caso se trata de formato paper, pero no disponemos de Arrepíos e outros medos en formato ebook.
17,50 € 16,63 €
35,00 € 33,25 €
9,00 € 8,55 €
20,00 € 19,00 €
19,50 € 18,53 €
22,95 € 21,80 €
19,50 € 18,53 €
Vols que et comptem un secret? 🤫 Subscriu-te a nostra newsletter i rep les últimes novetats i promocions especials. Uneix-te a la nostra comunitat de lectors i lectores!
Responsable del tractament: Serlogal 2.0 S.L.; Contacte: protecciondatos@serlogal.com
Finalitat: Enviament de comunicacions comercials. Base jurídica: Consentiment exprés.
Destinataris: No es preveu cessions de dades a empreses alienes al nostre grup.
Drets: Accés, Rectificació, Limitació, Oposició
Es pot consultar la informació detallada a la nostra Política de Privadesa