Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas. Pensamos que o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e outras veces case totalmente esquecido [...]. O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíble ao irracional. O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais para comprendermos o que é a nación galega [...]. Kathleen March
-5%
Abans:13,80 €
Després13,11 €
IVA inclòs

Confusión e morte de María Balteira del autor Campo, Marica editado por BAIA en el año 2010.
Confusión e morte de María Balteira tiene un código de ISBN 978-84-92630-58-5 y consta de 144 Pàgines. En este caso se trata de formato paper, pero no disponemos de Confusión e morte de María Balteira en formato ebook.
16,00 € 15,20 €
11,95 € 11,35 €
14,00 € 13,30 €
7,00 € 6,65 €
12,50 € 11,88 €
10,00 € 9,50 €
34,35 € 32,63 €
13,25 € 12,59 €
Vols que et comptem un secret? 🤫 Subscriu-te a nostra newsletter i rep les últimes novetats i promocions especials. Uneix-te a la nostra comunitat de lectors i lectores!
Responsable del tractament: Serlogal 2.0 S.L.; Contacte: protecciondatos@serlogal.com
Finalitat: Enviament de comunicacions comercials. Base jurídica: Consentiment exprés.
Destinataris: No es preveu cessions de dades a empreses alienes al nostre grup.
Drets: Accés, Rectificació, Limitació, Oposició
Es pot consultar la informació detallada a la nostra Política de Privadesa