Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa.
En «O medo dos ourizos», dous mozos mariñeiros, que subsisten en precario, atopan no mar un tesouro, fardos procedentes do narcotráfico, que pode facelos ricos ou custarlles a vida.
En «Vivir sen permiso», Nemo Bandeira, un poderoso magnate que levantou o seu imperio por medios ilícitos, consegue borrar as pegadas do seu pasado criminal, mais vaise atopar cun inimigo íntimo, inesperado e invencíbel.
En «Sagrado mar», un mozo presidiario, apaixonado pola lectura, ten que enfrontarse non só co sistema carcerario, senón tamén co dilema da obediencia ou desobediencia ante o dominio que exerce un capo no interior da cadea.
«Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» é un libro fascinante, de literatura na beira, na marxe do risco, que o autor define como literatura vagabunda ou estremeira. Alí onde a cuestión final non é tanto ter ou non ter poder senón ter ou non ter liberdade.
-5%
Abans:18,95 €
Després18,00 €
IVA inclòs

VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE es un libro del género NARRATIVA del autor Rivas, Manuel editado por EDICIONS XERAIS DE GALICIA en el año 2018.
VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE tiene un código de ISBN 978-84-9121-456-4. En este caso se trata de formato paper, pero no disponemos de VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE en formato ebook.
17,00 € 16,15 €
22,85 € 21,71 €
12,00 € 11,40 €
12,00 € 11,40 €
10,95 € 10,40 €
21,90 € 20,81 €
16,60 € 15,77 €
18,95 € 18,00 €
17,95 € 17,05 €
18,95 € 18,00 €
Vols que et comptem un secret? 🤫 Subscriu-te a nostra newsletter i rep les últimes novetats i promocions especials. Uneix-te a la nostra comunitat de lectors i lectores!
Responsable del tractament: Serlogal 2.0 S.L.; Contacte: protecciondatos@serlogal.com
Finalitat: Enviament de comunicacions comercials. Base jurídica: Consentiment exprés.
Destinataris: No es preveu cessions de dades a empreses alienes al nostre grup.
Drets: Accés, Rectificació, Limitació, Oposició
Es pot consultar la informació detallada a la nostra Política de Privadesa