Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan. O que non saben é que esa viaxe os vai transformar radicalmente. Deixado o amparo da rutina, o Mundo, o Demo e a Carne asexan os viaxeiros cos seus galanos. A viaxe, nas súas novidades e encontros, suporá unha vía de autocoñecemento de consecuencias tráxicas.
Fuxón vai ser o máis afectado. O lado escuro da propia sexualidade e o descubrimento de certas propiedades dalgunhas plantas provocarán nel unha fascinación irreparable. Co decorrer das xornadas mudarán as relacións entre Fuxón e Stefano, que deixarán de ser quen eran. A galera, sombra esvaecida na conciencia de Fuxón, tornará en grave obriga para Stefano.
Co pano de fondo da loita polo poder relixioso e político, os tres viaxeiros apenas gustarán de canto lles ofrece o camiño: a presenza islámica, as novidades litúrxicas, as vilas rebuldeiras, as feiras..., para eles todo semella espectáculo antes que realidade. Tan só Francesco, coa súa inocencia, será quen de evitar os perigos nos que naufragan os seus compañeiros e conseguirá adaptarse no novo país. Escrita cun estilo coidado que fai desta novela unha magnífica peza literaria, Xabier Paz retorna para ofrecerlles aos seus lectores e lectoras a mellor narrativa.
-5%
Before:19,95 €
After:18,95 €
VAT included

A galera de Xelmírez it is a book of the genre NARRATIVE from the author Paz, Xabier edited by XERAIS in the year 2015.
A galera de Xelmírez has an ISBN code 978-84-9914-882-3 and consists of 160 pages. In this case it is format paper, but we don't have A galera de Xelmírez in format ebook.
22,50 € 21,38 €
23,95 € 22,75 €
22,50 € 21,38 €
16,95 € 16,10 €
21,55 € 20,47 €
19,50 € 18,53 €
19,90 € 18,91 €
17,90 € 17,01 €
21,90 € 20,81 €
23,50 € 22,33 €
21,95 € 20,85 €
19,95 € 18,95 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....