O escritor e poeta ourensán Alberto Pascual Carballo e José Antonio Ocaña Martínez, recoñecido pintor e escultor galego afincado en Madrid, colaboraron estreitamente para facer A neve do tempo, un libro de arte, moi singularmente no panorama editorial e artístico galegos. Para o crítico J. Carlos García Alía membro da Unione Internazionale degli Instituti di Archologia, Storia e Storia dell ' arte in Roma, ambos os dous autores "forxaron un valioso libro de artista por cuxas páxinas despregan un fermoso espazo dual e equilibrado co que, a propósito do amor, a terra, a vida e a morte, as dúbidas, encamiñan ao lector ao goce analóxico de dúas artes orixinais que, en lugar de contrapoñeerse, se dan a man: os sentidos poemas de Pascual, e las suxestivas pinturas de Ocaña realizadas con lapis de cor, acrílico e impresións dixitais". "A xa vedraña relación pintura-poesía, que clava as súas raíces na antigüidade, coas noticias reveladas por Simonides de Ceos (V a.C), Aristóteles (IV a.C.) ou Plutarco (II y I a.C.), patentadas na ut pictura poesis de Horacio (I a.C.); a inflexión do Laooconte de Lessing (1776), e a subseguiente ambivalencia sobre os límites interartísticos argumentadas durante séculos posteriores (Gombrich, Winesatt, Mitchell, etc.), renace nesta orixinal composición na que, como albisca Alfonso Palomares, o prologuista, lonxe do típico libro no que se ilustran uns poemas ou se rima a partir dunha iconografía, Ocaña e Pascual concatenan linguaxes autónomas nas que xurde harmonicamente un mesmo sentir nesta creación. Os propios artistas veñen conferir que este traballo, realizado de manera independente por cada un, conflúe ao xeito dunha percepción do visible e o sensible a través dunha vertente xánica -pintura y poesía-, cal virtual ambivalencia, mais cunha soa moeda: albiscar un retrinco de arte no que entre dúas verbas se desangra A neve do tempo".
-5%
Before:24,00 €
After:22,80 €
VAT included
Discontinued
If your purchase exceeds 19

A neve do tempo it is a book of the genre LITERATURE de POETRY from the author Pascual, Alberto edited by XERAIS in the year 2008.
A neve do tempo has an ISBN code 978-84-9782-638-9 and consists of 104 pages. In this case it is format paper, but we don't have A neve do tempo in format ebook.
15,00 € 14,25 €
10,50 € 9,98 €
16,00 € 15,20 €
13,50 € 12,83 €
13,95 € 13,25 €
14,50 € 13,78 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....