Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que facía unha gran parvada porque a casa estaba abofé enmeigada. O propio Lord Canterville, home de honra cumprida como era, sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma aparecéralle a familiares seus, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor daqueles ruídos tan raros que se sentían ao final do corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao embaixador que consideraba que a pantasma e os mobles non lle eran nin máis nin menos que unha parte do lote que quería mercar. «Veño dun país moi adiantado onde non hai cousa que non se poida mercar cartos», pensaba o americano para uen se houbese unha pantasma en Europa, xa estaría nalgún museo americano ou mesmo nas rúas, como títere de pago.A pantasma de Canterville, que lle dá título a este volume de narracións de Oscar Wilde, traducido para o galego por Gustavo Luca de Tena, é, amais dunha historia de pantasmas, un intelixente estudo de carácter de cada un dos membros dunha familia norteamericana, e das súas reaccións ante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville.O volume, ilustrado por Federico Fernández, inclúe ademais outros contos: «O rei novo», «O xigante egoísta», «O rousiñol e a rosa», «O príncipe feliz» e «O crime de Lord Arthur Saville», todos eles tinxidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidariedade entre os homes.
-5%
Before:15,30 €
After:14,54 €
VAT included

A pantasma de Canterville it is a book of the genre CHILDREN AND YOUTH de CHILDREN'S LITERATURE: FROM 0 TO 12 YEARS OLD from the author Wilde, Oscar edited by XERAIS in the year 2003.
A pantasma de Canterville has an ISBN code 978-84-9782-082-0. In this case it is format paper, but we don't have A pantasma de Canterville in format ebook.
15,95 € 15,15 €
12,00 € 11,40 €
14,96 € 14,21 €
5,95 € 5,65 €
14,00 € 13,30 €
7,50 € 7,13 €
14,00 € 13,30 €
14,00 € 13,30 €
13,50 € 12,83 €
13,95 € 13,25 €
13,95 € 13,25 €
13,50 € 12,83 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....