'As damas verdes', publicada orixinalmente por entregas no semanario 'Le Monde illustré' entre abril e xuño de 1857, é unha novela curta de gran singularidade dentro da produción literaria de George Sand, unha das meirandes figuras do romanticismo francés, que aquí opta por facer unha aproximación ao xénero fantástico, con evidente ironía.
Certo día de maio de 1788, un avogado chamado Just Nivières preséntase , enviado polo seu pai, no castelo da condesa de Ionis por mor dun preito que esta mantén cuns familiares e no que cómpre tomar unha decisión. Pero a atmosfera que alí atopa é ben máis complexa do esperado. Perturbado polas aparicións dunhas misteriosas e lendarias damas, sen saber de certo que responde á realidade e que á fantasía, o mozo, atacado por un incipiente desexo amoroso, deberá facer fronte á situación. Así pois, tras o atractivo veo dun relato fantástico, Sand aproveita para pór de manifesto toda unha serie de preocupacións sociais da época.
A presente novela foi moi apreciada por, entre outras, Rosalía de Castro, quen reparou nas enormes similitudes co seu 'El caballero de las botas azules' (1867). Por outra banda, cabe sinalar que a Sand unha «novelista profunda», ademais dun modelo vital, ideolóxico, intelectual e creativo da muller emancipada e progresista.
-5%
Before:13,00 €
After:12,35 €
VAT included
Non available

As damas verdes it is a book of the genre NARRATIVE de NOVEL from the author Sand, George edited by HUGIN E MUNIN in the year 2017.
As damas verdes has an ISBN code 978-84-945403-6-3 and consists of 112 pages. In this case it is format paper, but we don't have As damas verdes in format ebook.
20,00 € 19,00 €
9,44 € 8,97 €
10,12 € 9,61 €
21,30 € 20,24 €
6,24 € 5,93 €
16,00 € 15,20 €
44,90 € 42,66 €
9,95 € 9,45 €
14,00 € 13,30 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....