Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrat iva, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición. Efectivamente, esta república esquecida de natureza políti-co-administrativa complexa estivo xeograficamente enclavada nas parroquias galegas de Santiago de Rubiás do concello de Calvos de Randín e de San Andrés Meuaus do concello de Baltar, mais vinculada historicamente a Portugal e España, a través de certa dependencia nobiliaria dos señoríos das Casas de Bragança e do Conde de Monterrei. No presente volume, Luís M. García Mañá, despois dunha docu-mentadísima esculca, debulla aspectos como a orixe, evolución e notas históricas deste territorio; re-flexiona sobre o carácter independente que chegou a ter o Couto Mixto; expón os privilexios dos habi-tantes do Couto (persoais, políticos, fiscais, administrativos, económicos e comerciais); rematando con referencias á extinción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súa situación actual. Pola súa banda, Xurxo Lobato, ofrece unha coidadísima reportaxe, constituída por máis de medio cento de fotos, sobre o espazo e as xentes que habitan hoxe este territorio.
-5%
Before:51,95 €
After:49,35 €
VAT included
If your purchase exceeds 19

Couto Mixto it is a book of the genre ART, ARCHITECTURE, FILM AND PHOTOGRAPHY de PHOTOGRAPHY from the author García Mañá, Luís Manuel edited by XERAIS in the year 2005.
Couto Mixto has an ISBN code 978-84-9782-325-8 and consists of 200 pages. In this case it is format paper, but we don't have Couto Mixto in format ebook.
16,75 € 15,91 €
20,50 € 19,48 €
20,50 € 19,48 €
16,65 € 15,82 €
17,15 € 16,29 €
32,00 € 30,40 €
15,00 € 14,25 €
30,00 € 28,50 €
23,95 € 22,75 €
33,50 € 31,83 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....