Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolle
un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura do século pasado, con especial atención á produción do movemento renovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano,
na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte era
conscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácter
conflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes,
desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante que
deitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendo
os labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado e
o mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo,
desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso que non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa ?coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados ?realismo de entreguerras?. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade é unha das receitas; no caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do
noso románico e barroco.
A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender por unha visión previa que le a produción galega desde un a priori que a
reduce a imaxe costumista. Cómpre, pois, pensar a tradición artística
desde nós. Pensar na lectura intencional do pasado máis tamén na lectura presente desde a pura visualidade e desde a posición actual da nosa nación, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes,
desemellantes mais non incompatíbeis.
-5%
Before:16,95 €
After:16,10 €
VAT included

Fronte da Arte it is a book of the genre ART, ARCHITECTURE, FILM AND PHOTOGRAPHY from the author López Benárdez, Carlos edited by LAIOVENTO, S.L. in the year 2020.
Fronte da Arte has an ISBN code 978-84-8487-464-5 and consists of 146 pages. In this case it is format paper but we also have Fronte da Arte in format ebook.
16,94 € 16,09 €
18,00 € 17,10 €
39,95 € 37,95 €
29,95 € 28,45 €
19,95 € 18,95 €
44,95 € 42,70 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....