Este é o cuarto caderno dos seis que forman a colección "Matemola", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático. Comeza este caderno coa presentación do número 6 para, deste xeito, continuar co traballo da serie numérica. Seguimos a propoñer actividades para avanzar na adquisición da noción de "cantidade" (relación cantidade-grafo, representación gráfica da cantidade...). Ademais, iniciamos o estudo dos ordinais, amosándolle ao alumnado outro aspecto do número que lle permite ordenar os obxectos dunha serie tendo en conta a posición. Así mesmo, para lle seguir axudando ao neno no proceso de adquisición da noción de cantidade, seguirán a traballarse os cuantificadores (mais que/ca, menos que/ca, igual), que permiten a construcción de igualdades numéricas entre o numéro de elementos de dous conxuntos. Introducimos tamén a suma a partir da representación gráfica do proceso secuencial, que supón unha modificación da cantidade inicial mediante a acción de "engadir". Este proceso consta de tres pasos: estado inicial, a acción ou a transformación, e o estado final ou resultado. Incorporamos novos atributos relativos á cor (morada, gris), ao tamaño (grande, mediano, pequeno) e á medida (ancho-estreito; alto-baixo), mantendo as clasificacións e as seriacións, a partir de dous atributos, nas actividades de Lóxica. Preséntase e trabállase outra forma plana: o rectángulo, co fin de descubrir as propiedades desta figura xeométrica, que permitan a súa identificación en distintos contextos, así como a súa representación gráfica. Para seguir ampliando o coñecemento do neno verbo do espazo e mais dos obxectos que o rodean, engadimos neste caderno conceptos espaciais novos (aberto-pechado; xunto-separado; arredor). En canto á medida do tempo, continuamos a traballar a partir de situacións do ritmo da vida cotiá. Para rematar, presentamos un xogo para repasar, de xeito lúdico, os principais contidos matemáticos desenvolvidos ao longo deste caderno.
-5%
Before:7,50 €
After:7,13 €
VAT included
Discontinued

(G).(13).CAD.MATEMOLA 4.(GALICIA).(ED.INFANTIL), from the publisher EVEREST, it's a book edited by EVEREST in the year 2013.
To the textbook(G).(13).CAD.MATEMOLA 4.(GALICIA).(ED.INFANTIL) the ISBN code belongs to you 978-84-403-1249-5. In this case it is format paper and we do not have (G).(13).CAD.MATEMOLA 4.(GALICIA).(ED.INFANTIL) in format ebook.
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....