O Licenciado prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, corrupto e violento, aquel ser cruel e odiado por todos, implacable perseguidor dos homosexuais, torturador de reclusos e da súa propia muller... Unha militante comunista emprende unha desesperada folga de fame, convencida pola súa ética revolucionaria que non coñecerá o prezo da liberdade se non se pelexa por ela; a degradación á que ela mesma se somete levaráa a rememorar os deleites irrepetibles das manteigadas e da lamprea que facía a súa nai ... Un preso relata oufano como matou a súa muller porque ela se lle repuxo... Unha muller maltratada decide tramitar o divorcio e convértese nunha fuguista de incerto destino... Moncho sofre na cadea o acoso de Rúper, un ser embriagado polo goce de infrixir dor sexual nos seus compañeiros... Homes e mulleres coa existencia trabada, seres recluídos por barrotes verticais e horizontais, víctimas do fanatismo que levan a celosía da cadea incrustada nos ollos.¡Sentinela, alerta! recolle dez textos nos que María Xosé Queizán aborda o lado máis escuro da condición humana: a práctica da tortura e dos malos tratos infrixidos sobre as mulleres e sobre os máis débiles. O espacio da cadea nos tempos da dictadura unifica unha atmosfera desacougante onde a violencia, a crueldade, a corrupción, a desolación... devoran a dignidade dos seres humanos.
-5%
Before:14,00 €
After:13,30 €
VAT included

íSentinela alerta! it is a book of the genre LITERATURE de CLASSIC LITERATURE from the author Queizán Vilas, María Xosé edited by XERAIS in the year 2002.
íSentinela alerta! has an ISBN code 978-84-8302-800-1. In this case it is format paper, but we don't have íSentinela alerta! in format ebook.
11,00 € 10,45 €
9,80 € 9,31 €
11,95 € 11,35 €
35,00 € 33,25 €
9,00 € 8,55 €
20,00 € 19,00 €
19,50 € 18,53 €
22,95 € 21,80 €
19,50 € 18,53 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....