Con esta obra o profesor Uxío-Breogán Diéguez Cequiel realiza unha fonda incursión na historia do nacionalismo galego. Apresenta unha monografía na que, por vez primeira, obtemos unha detallada panorámica desta realidade entre o plebiscito autonomista de xuño do 1936, diante da II República, e a eclosión do movemento nacional-popular galego na primavera do ano 1975, no final da ditadura franquista. Unha viaxe que parte dun tempo presidido no campo nacionalista polo Partido Galeguista (PG), fundado en decembro do 1931, para rematar coa creación da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), da que se cumpren corenta anos.
Entre ambos fitos cronolóxicos e organizativos, este libro percorre os camiños que o nacionalismo galego transitou, aquén e alén mar, desde a súa desarticulación após o Golpe militar de 1936 e o longo exilio. Un exilio que de xeito sobranceiro tería como máximo expoñente ao deputado Daniel Rodríguez Castelao. Quen xunto outras fi guras, caso do destacado Antón Alonso Ríos, erguería un tecido patriótico alén mar do que sería exemplo a Irmandade Galega (1941) e o Consello de Galiza (1944), sorte de goberno galego no exilio.
Tempo de resistencia no que na Galiza se ensaiaría un novo galeguismo, cimentado desde 1939 e no que a lingua e cultura propias serían o seu epicentro. Un resistencialismo cultural que non sería acompañado por proclamas soberanistas, a diferenza daquel exilio e tempo republicano. Realidade diante da que desde alén mar se contribuiría decisivamente á reorganización nacionalista na Terra, dando lugar ao efémero Consello da Mocedade no 1963 e un novo tempo de rearticulación patriótica galega.
-5%
Before:23,95 €
After:22,75 €
VAT included
If your purchase exceeds 19

NACIONALISMO GALEGO AQUÉN E ALÉN MAR.1936-1975 it is a book of the genre HISTORY from the author Uxío-Breogán Diéguez Cequiel edited by LAIOVENTO (IBD) in the year 2015.
NACIONALISMO GALEGO AQUÉN E ALÉN MAR.1936-1975 has an ISBN code 978-84-8487-289-4 and consists of 450 pages. In this case it is format paper, but we don't have NACIONALISMO GALEGO AQUÉN E ALÉN MAR.1936-1975 in format ebook.
19,20 € 18,24 €
24,95 € 23,70 €
15,03 € 14,28 €
16,07 € 15,27 €
20,00 € 19,00 €
29,95 € 28,45 €
19,90 € 18,91 €
19,95 € 18,95 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....