Il Morgante Maggiore de Luigi Pulci considérase unha auténtica epopea de xigantes pola avultada presenza destes seres na obra. En efecto, entre os diferentes representantes do marabilloso, os xigantes son os que contan coa maior presenza e número ao longo deste poema e posúen, á sombra de Morgante, unha certa relevancia, maior ou menor segundo os casos. Mentres que os estudosos se centraron eminentemente na comicidade da obra de Luigi Pulci, na natureza e función das súas fontes -especialmente a vexata quaestio do Orlando laurenziano- ou a interpretación do personaxe de Morgante, outros aspectos posibles de estudo quedaron relegados e só se viron beneficiados ou incluídos polos avances da crítica subsidiariamente e en tempos recentes. E o caso dos xigantes secundarios, cuxa relevancia se desvela a través de tres focos principais de análise: a súa morfoloxía física e caracterial, facendo fincapé na súa natureza demoníaca; a cuestión alimentaria, que vai dende a celebración do exceso carnavalesco á abominable antropofaxia; e, por último, a súa función na trama narrativa e a diversa tipoloxía que podemos discernir recorrendo ao contraste con outras tradicións europeas no eido do marabilloso. Máis concretamente, a tradición francesa presenta un especial interese debido á enorme influencia que exerceu na literatura italiana medieval; o estudo desta influencia no caso puntual do Morgante ofrece novas e interesantes perspectivas na análise dos xigantes na obra mestra de Luigi Pulci.
-5%
Before:14,00 €
After:13,30 €
VAT included

Os xigantes no Morgante it is a book of the genre NARRATIVE from the author González Piñeiro, María Cristina edited by RINOCERONTE EDITORA S.L. in the year 2011.
Os xigantes no Morgante has an ISBN code 978-84-15166-34-4 and consists of 126 pages. In this case it is format paper, but we don't have Os xigantes no Morgante in format ebook.
19,90 € 18,91 €
17,90 € 17,01 €
21,90 € 20,81 €
18,00 € 17,10 €
19,90 € 18,91 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....