Xosé Ramón Pena volve con estas tres novelas curtas: La vie en rose, Concerto profano e Matar un anxo. Apuntes e chispazos que anunciaban o escritor en entregas anteriores (O reverso do espello en 1984 e Para despois do adeus) alcanzan na presente un control da estructura do relato, un dominio das formas e unha tensión narrativa que son xa mostras evidentes de madurez.Pena afronta tres historias de amor (de distintas maneiras de entender o amor), pero tamén de soidade, de busca, de desacougo existencial. Son personaxes na procura de si mesmos, sometidos a situacións límite, o que permite ó autor introducir o bisturí do cirurxián para descubrimos os recantos e os claro-escuros das súas vidas.Retallos de vida, fogaradas luminosas nun instante, sorpresa, suspense, a charada necesaria para seducir ó lector.O mundo literario de Xosé Ramón Pena non se conforma cos territorios xeográficos do propio país senón que entende que a visión do escritor galego (e as súas posibles capacidades) están máis alá de nós mesmos e enriquécese noutros espacios, nas xeografías do magnate americano que descubre serodiamente a súa aventura persoal, por exemplo, (afrontado a unha situación límite: a viaxe e a morte), a loita interior do artista homosexual na Centroeuropa da Grande Guerra ou a tensión urbana dun crime do noso tempo, rodeado dunha atmósfera intensa, absurda e sorprendente.
-5%
Before:12,25 €
After:11,64 €
VAT included
Discontinued

Paixóns privadas from the author Pena Sánchez, Xosé Ramón edited by XERAIS
Paixóns privadas has an ISBN code 978-84-7507-540-2. In this case it is format paper, but we don't have Paixóns privadas in format ebook.
18,00 € 17,10 €
30,50 € 28,98 €
20,50 € 19,48 €
13,35 € 12,68 €
20,95 € 19,90 €
23,50 € 22,33 €
52,04 € 49,44 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....