Pequena mitoloxía de Galicia
Pequena mitoloxía de Galicia Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio;Cuba, Xoán R.
Editorial:
XERAIS
Year of edition:
2001
Matter:
GEOGRAPHY
ISBN:
978-84-8302-705-9
EAN
9788483027059
High:
300 High
Width:
200Width
Idiom:
GALEGO

Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios  de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga,  entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro...Os autores deste volume, o mesmo equipo que publicara o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a  tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras.Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda volven a facer o esforzo de presentar o saber tradicional  do pobo, os ósos dos defuntos (a quen hai que escoitar con grande atención), que agardan polos nosos, os cantos dos paxaros, as antigas receitas e os compoñentes novos, o fiúncho e a menta, a ruda e a herba  de namorar, que só medra nos confíns occidentais do mundo, onda nós. Esta Pequena Mitoloxía de Galicia, libro singular, mesmo no seu formato e encadernación en cartoné, foi ilustrado por catro dos nosos mellores ilustradores Irene Fra, Fino Lorenzo, Enjamio e Teresa Novoa.  Catro miradas diferentes, catro estilos para desenvolver un mesmo proxecto: o de devolvernos o rostro descoñecido de trasnos, diaños, tardos e outros seres da mitoloxía galega.

-5%

30,75 €

29,21 €

VAT included

Discontinued

Add to Favorites

Free shipping!

If your purchase exceeds 19

Pequena mitoloxía de Galicia is from the author Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio;Cuba, Xoán R. and try

Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios  de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga,  entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro...Os autores deste volume, o mesmo equipo que publicara o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a  tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras.Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda volven a facer o esforzo de presentar o saber tradicional  do pobo, os ósos dos defuntos (a quen hai que escoitar con grande atención), que agardan polos nosos, os cantos dos paxaros, as antigas receitas e os compoñentes novos, o fiúncho e a menta, a ruda e a herba  de namorar, que só medra nos confíns occidentais do mundo, onda nós. Esta Pequena Mitoloxía de Galicia, libro singular, mesmo no seu formato e encadernación en cartoné, foi ilustrado por catro dos nosos mellores ilustradores Irene Fra, Fino Lorenzo, Enjamio e Teresa Novoa.  Catro miradas diferentes, catro estilos para desenvolver un mesmo proxecto: o de devolvernos o rostro descoñecido de trasnos, diaños, tardos e outros seres da mitoloxía galega.

Pequena mitoloxía de Galicia it is a book of the genre SCIENCES, TECHNOLOGY AND MEDICINE de GEOGRAPHY from the author Miranda, Xosé edited by XERAIS in the year 2001.

Pequena mitoloxía de Galicia has an ISBN code 978-84-8302-705-9. In this case it is format paper, but we don't have Pequena mitoloxía de Galicia in format ebook.

Other books by GEOGRAPHY

Geografía general de los mares

-5%

Geografía general de los mares
VALLAUX, CAMILLE
JUVENTUD

10,21 € 9,70 €

Andorra al 2020, una visio real de futur

Diaz, Raimon
PAGES EDITORS

11,00 € 10,45 €

Terra i franquisme a Lleida

-5%

Terra i franquisme a Lleida
BRETON, VICTOR
PAGES EDITORS

11,00 € 10,45 €