Nesta novela, Xavier Alcalá adéntrase con habelencia e eficacia de gran narrador nun relato de vida de pazo e aventuras polo mundo, de guerra e posguerra, de mudanzas sociais ata chegar case ao presente. Cambios sociais que fixeron abalar aquel universo aparentemente tranquilo da vida de pazo. O seu protagonista, un físico que só cre no que se pode formular e medir, conta unha historia de misterios, informulables e inmedibles. Xavier Alcalá descobre en Código morse a existencia dun segredo gardado por unha familia ao longo das xeracións, desde os tempos dun antepasado corsario. Un segredo cuxo coñecemento excita cobizas e mesmo leva ao crime. Un código e unha píntega mítica, que resiste ao lume, levan a mente cartesiana do narrador a resolver este enigma apaixonante. Segundo o crítico Xosé Antonio Ponte Far, prologuista da primeira edición da obra, Código morse é "unha novela sólida, de longo alento e amplo percorrido, consistente na súa exposición e ben resolta, de doada lectura e contido interesante...".
Nova edición, revisada polo autor, desta novela de aventuras e vida pacega que Xavier Alcalá publicara en 1996. O escritor mergulla os lectores nunha historia na que as mensaxes codificadas, os espellos e o trasmundo configuran un universo de misterio narrado con verosemellanza e capacidade para engaiolar.
-5%
Avant:23,75 €
Après:22,56 €
TVA incluse
SANS STOCK (Livraison estimée 10 jours)
Si votre achat dépasse 19

Código morse c'est un livre du genre LITTÉRATURE de l'auteur Alcalá Navarro, Xavier édité par GALAXIA dans l'année 2010.
Código morse a un code ISBN 978-84-9865-258-1 et se compose de 340 pages. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas Código morse au format ebook.
25,40 € 24,13 €
20,00 € 19,00 €
15,20 € 14,44 €
20,60 € 19,57 €
15,80 € 15,01 €
11,45 € 10,88 €
15,00 € 14,25 €
40,01 € 38,01 €
10,40 € 9,88 €
20,90 € 19,86 €
14,00 € 13,30 €
13,90 € 13,21 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....