Este é primeiro caderno dos seis que forman a colección "Matemola", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático. Neste momento evolutivo, o neno sente a necesidade de observar, de explorar e de coñecer o seu medio. Para iso propoñemos, con este material, actividades que lle axuden a interpretar mellor esta realidade e a coñecela a través de observación e da representación. Neste caderno iniciamos o proceso de adquisición da noción de "cantidade" a partir dos primeiros números da serie numérica e dos cuantificadores "un-moitos". O concepto de "número" está moi relacionado coas operacións de clasificación e de seriación que, á súa vez, constitúen un dos aspectos fundamentais do pensamiento lóxico. Por esa razón, introducimos actividades de clasificación e de seriación a partir dun atributo (cor: vermella, amarela, azul e verde; tamaño: grande-pequeno), co fin de iniciar o alumnado no proceso de abstracción das propiedades dos obxectos. As actividades que se propoñen no apartado de Xeometría, están encamiñadas a que o neno incorpore estas nocións abstractas e a que sexa quen de reproducilas e de identificalas (formas planas: círculo, cadrado; espazo: aberto e pechado). Co obxecto de que o neno coñeza, analice e se relacione mellor co seu medio, introducimos as nocións espaciais (arriba-abaixo; dentro-fóra), as medidas de tempo (día-noite; moito tempo-pouco tempo) e as de capacidade (cabe-non cabe). Ao final do caderno propoñemos un xogo individual de memoria e de atención, para repasar algúns dos principais contidos traballados.
-5%
Avant:7,50 €
Après:7,13 €
TVA incluse
Hors catalogue

(G).(13).CAD.MATEMOLA 1.(GALICIA).(ED.INFANTIL), de l'éditeur EVEREST, c'est un livre édité par EVEREST dans l'année 2013.
Vers le manuel(G).(13).CAD.MATEMOLA 1.(GALICIA).(ED.INFANTIL) le code ISBN vous appartient 978-84-403-1246-4. Dans ce cas c'est le format papier et nous n'avons pas (G).(13).CAD.MATEMOLA 1.(GALICIA).(ED.INFANTIL) au format ebook.
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....