Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega
da primeira metade do século pasado, con especial atención ao
papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes.
A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da
retratística na modernización da pintura galega desde fi nais do século
XIX até mediados do XX, desde a ?Xeración Doente? até Laxeiro, Eugenio
Granell, Maruja Mallo ou Seoane.
A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das fi guras centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os
Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a perspectiva dos xéneros.
Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador
na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que
este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa
?coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados ?realismos de entreguerras?. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No
caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a
escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal
fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética.
-5%
Avant:14,99 €
Après:14,24 €
TVA incluse
SANS STOCK (Livraison estimée 10 jours)

IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE c'est un livre du genre RÉCIT de l'auteur Bernardez, Carlos L. édité par LAIOVENTO, S.L. dans l'année 2018.
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE a un code ISBN 978-84-8487-386-0 et se compose de 127 pages. Dans ce cas c'est le format papier mais nous avons aussi Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega au format ebook.
10,25 € 9,74 €
13,60 € 12,92 €
19,95 € 18,95 €
15,00 € 14,25 €
19,90 € 18,91 €
17,90 € 17,01 €
21,90 € 20,81 €
14,00 € 13,30 €
23,95 € 22,75 €
21,95 € 20,85 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....