Francisco Miguel (A Coruña, 1897- Bértoa, Carballo, 1936) foi unha figura central na arte galega das primeiras décadas do século XX. Detido tras o golpe de xullo de 1936, foi asasinado polos sublevados fascistas, aparecendo o seu corpo o 28 de setembro de 1936 en Bértoa (Carballo).
O seu traballo artístico foi realizado entre os anos finais da década dos 10 e o ano do seu asasinato. Nos primeiros anos vinte, ligado ao núcleo coruñés que dará orixe á revista Alfar, desenvolve unha linguaxe afín á modernidade que se espalla polas revistas ultraístas, interesado por captar o ritmo e o dinamismo, de influxo futurista, e polas tendencias formais planimétricas.
A partir da 1923, e da súa estadía en París, acentúanse os aspectos decorativos na súa obra e cunha tendencia cara a unha arte ligada á volta á orde, con debuxos de corte clasicista, frecuentemente coa súa esposa, a escritora Syra Alonso, como modelo.
Syra e Francisco Miguel vivirán en México entre 1926 e 1933, moi achegados aos intelectuais mexicanos que realizan a revista Contemporáneos. Na obra destes anos vai situarse nos presupostos dunha figuración cun ar maxicista, de empregramos a terminoloxía do famoso libro de Franz Roh Realismo mágico, post expresionismo (1925), elaborando unha pintura "limpa, clara e rigorosa" -en palabras de Luís Seoane-, con vontade de reter e fixar o expresivo.
Esta publicación quere ser unha contribución á recuperación dun pintor demasiado brillante e intelixente -como dixera o seu amigo, o escritor mexicano Rodolfo Usigli- para sobrevivir aos escuros tempos que impuxeron en Galiza as hordas de Atila.
-5%
Avant:19,95 €
Après:18,95 €
TVA incluse

Intelixencia e creación. A obra plástica de Franciscoo Mig c'est un livre du genre L'HISTOIRE de l'auteur Carlos L. Bernárdez édité par LAIOVENTO (IBD)
Intelixencia e creación. A obra plástica de Franciscoo Mig a un code ISBN 978-84-8487-756-1 et se compose de 104 pages. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas Intelixencia e creación. A obra plástica de Franciscoo Mig au format ebook.
13,59 € 12,91 €
19,95 € 18,95 €
15,03 € 14,28 €
16,07 € 15,27 €
20,00 € 19,00 €
19,90 € 18,91 €
19,95 € 18,95 €
24,95 € 23,70 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....