Bordón, sombreiro de ás anchas, zurrón de pel de cervo, cabaza para a bebida e cuncha ó peíto, os peregrinos xacobeos adoitaban proseguir a súa viaxe trala Vía Láctea, polo antigo Camiño Real, na procura fascinante da temible fin do mundo, a Fisterra Atlántica onde todo remataba.Era o camiño que conducía ó punto máis extremo do mundo occidental, alí onde se cruza a tradición pagana coas crenzas dos primeiros monxes cristiáns. O éncontro animista presente en San Andrés de Teixido e a fantasía do home que quere descubrir como o sol cae ó mar e ó lume que xorde da auga. O espírito, entre curioso, aventureiro e piadoso do peregrino medieval, que uníversalizou as terras de Galicia e Compostela coa súa tradición oral e a súa cultura e que levou o nome desta terra polo mundo adiante. E ata hoxe, o Camiño de Fisterra perdurou no espacio e na memoria.O Camiño de Fisterra é a crónica da reconstrucción deste percorrido. O autor, Fernando Alonso Romero, profesor da Universidade de Santiago e especialista en etnografía e arqueoloxía naval; esculcóu nas razóns máis fondas que levaban ós peregrinos nesta percura do fin do mundo. O encontro co aventura humána, a procura de novos horizontes, a ilusión de seguí-lo sendeiro da Vía Láctea, pola rota do sol que conduce ata Fisterra.Fernando Alonso propón ó lector, tamén o camiñante, un itinerario que reconstruíu, dividido en catro xornadas ou tramos para realizar a pé. Itinerario que transcorre desde Santiago, Roxos, Augapesada, Negreira, Zas, Maroñas, Hospital, Cee, Corcubión ata Fisterra.Un libro multilinüe, que ademais da galega, inclúe versións completas en castelán e inglés, complementado coas fotografías da autoría de Xoán Vilar Cardona. Un fermoso libro para ler e camiñar na procura do fin do mundo.
-5%
Avant:43,80 €
Après:41,61 €
TVA incluse
Hors catalogue
Si votre achat dépasse 19

O camiño de Fisterra c'est un livre du genre SCIENCES, TECHNOLOGIE ET MÉDECINE de LA NATURE de l'auteur Alonso Romero, Fernando édité par XERAIS
O camiño de Fisterra a un code ISBN 978-84-7507-734-5. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas O camiño de Fisterra au format ebook.
17,90 € 17,01 €
16,64 € 15,81 €
10,75 € 10,21 €
17,90 € 17,01 €
11,00 € 10,45 €
18,00 € 17,10 €
14,00 € 13,30 €
50,95 € 48,40 €
33,50 € 31,83 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....