Este libro está formado por tres contos: " O trasno de Alqueidón " Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man." Neve na Amaía " Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico." Chave de Ponte, Chave de Carballo " Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.
-5%
Avant:10,50 €
Après:9,98 €
TVA incluse

O trasno de Alqueidón c'est un livre du genre ENFANTS ET JEUNES de de l'auteur Aleixandre, Marilar édité par XERAIS dans l'année 2002.
O trasno de Alqueidón a un code ISBN 978-84-8302-755-4. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas O trasno de Alqueidón au format ebook.
16,90 € 16,06 €
14,90 € 14,16 €
15,10 € 14,35 €
13,15 € 12,49 €
20,95 € 19,90 €
14,90 € 14,16 €
14,96 € 14,21 €
14,00 € 13,30 €
14,00 € 13,30 €
14,90 € 14,16 €
12,95 € 12,30 €
14,90 € 14,16 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....