Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes para a pesca da sardiña, soñaba con ser capitán dunha carabela coma xa o foran algúns membros da súa familia.
Corrían os anos 1475, 1476, 1477, anos nos que a vila pontevedresa foi tomada polas tropas portuguesas ao mando de don Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, logo de ter proclamado este cabaleiro a dona Xoana "A Beltranexa" como raíña de Galicia, Castela, Aragón e Portugal.
Este libro trata das aventuras e desvelos que tivo que sufrir o noso protagonista para conseguir o seu soño neses momentos tan convulsos da historia da "boa vila" ao seren cercada polas tropas dos reis Católicos comandadas polo arcebispo Fonseca e mais por Juan Arias del Río, corrixidor maior de Galicia.
Fixo Xan Neto toda a carreira do mar. Paxe ata os 17 anos, grumete máis adiante, axuda de piloto dunha gran carraca, piloto e, por fin, o ansiado título de capitán, concedido polo Concello da Vila.
Viaxes a Londres con carga de viño do Ribeiro, a Flandres con salgaduras e ferramentas de ferro, volta con cargamento de sal de Guérande da Bretaña francesa, viaxes a Sevilla coa mesma carga e volta con sal e olas.
A narración móstranos a vida cotiá da Pontevedra de finais do século XV, cidade cercada e de loitas entre irmáns, e móstranos tamén a súa gran riqueza: a pesca da sardiña por medio dos cercos reais que fixeron da cidade unha das vilas máis ricas e poboada da península ibérica durante máis de douscentos anos e a máis grande de Galicia.
É, xa que logo, unha novela histórica que describe un importante anaco do noso devir como vila mariñeira.
-5%
Antes:16,00 €
Despois15,20 €
IVE incluído

XAN DO ARRANALDO es un libro del género NARRATIVA de NOVELA del autor Rafael Fontoira Surís editado por LAIOVENTO (IBD)
XAN DO ARRANALDO tiene un código de ISBN 978-84-8487-403-4 y consta de 172 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de XAN DO ARRANALDO en formato ebook.
44,90 € 42,66 €
9,95 € 9,45 €
14,00 € 13,30 €
23,80 € 22,61 €
15,80 € 15,01 €
10,60 € 10,07 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade