Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes para a pesca da sardiña, soñaba con ser capitán dunha carabela coma xa o foran algúns membros da súa familia.
Corrían os anos 1475, 1476, 1477, anos nos que a vila pontevedresa foi tomada polas tropas portuguesas ao mando de don Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, logo de ter proclamado este cabaleiro a dona Xoana "A Beltranexa" como raíña de Galicia, Castela, Aragón e Portugal.
Este libro trata das aventuras e desvelos que tivo que sufrir o noso protagonista para conseguir o seu soño neses momentos tan convulsos da historia da "boa vila" ao seren cercada polas tropas dos reis Católicos comandadas polo arcebispo Fonseca e mais por Juan Arias del Río, corrixidor maior de Galicia.
Fixo Xan Neto toda a carreira do mar. Paxe ata os 17 anos, grumete máis adiante, axuda de piloto dunha gran carraca, piloto e, por fin, o ansiado título de capitán, concedido polo Concello da Vila.
Viaxes a Londres con carga de viño do Ribeiro, a Flandres con salgaduras e ferramentas de ferro, volta con cargamento de sal de Guérande da Bretaña francesa, viaxes a Sevilla coa mesma carga e volta con sal e olas.
A narración móstranos a vida cotiá da Pontevedra de finais do século XV, cidade cercada e de loitas entre irmáns, e móstranos tamén a súa gran riqueza: a pesca da sardiña por medio dos cercos reais que fixeron da cidade unha das vilas máis ricas e poboada da península ibérica durante máis de douscentos anos e a máis grande de Galicia.
É, xa que logo, unha novela histórica que describe un importante anaco do noso devir como vila mariñeira.
-5%
Before:16,00 €
After:15,20 €
VAT included

XAN DO ARRANALDO it is a book of the genre NARRATIVE de NOVEL from the author Rafael Fontoira Surís edited by LAIOVENTO (IBD)
XAN DO ARRANALDO has an ISBN code 978-84-8487-403-4 and consists of 172 pages. In this case it is format paper, but we don't have XAN DO ARRANALDO in format ebook.
44,90 € 42,66 €
9,95 € 9,45 €
14,00 € 13,30 €
23,80 € 22,61 €
15,80 € 15,01 €
10,60 € 10,07 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....