Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989) foi unha das figuras máis destacadas da xeración do Seminario de Estudos Galegos e do núcleo histórico do galeguismo ourensán. Compañeiro de figuras como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas ou Xesús Ferro Couselo constituíu o último carballo da touza vizosa dunha xeración que tivo a Galicia como o seu único guieiro. Etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo Galego, membro da Real Academia Galega, Xoaquín Lorenzo percorreu infatigablemente os camiños, vales e castros de Galicia procurando atopar a auténtica alma popular galega. Autor dun xigantesco esforzo pioneiro de síntese descritiva dos aspectos tecno-económicos da nosa cultura tradicional e da fala e literatura popular, recollidos en cento vinte e tres traballos monográficos e no seu amplo estudo sobre a Cultura Material editado no segundo volume da "Historia de Galiza" dirixida por Otero Pedrayo, a figura de Xoaquín Lorenzo é indispensable para entender o saber popular labrego e mariñeiro á piques de esmorecer diante das transformacións sociais producidas na segunda metade so século XX.O presente volume, "Xoaquín Lorenzo. Vida e obra", preparado por Marcos Valcárcel, constitúe unha achega, á vez divulgativa e rigorosa, sobre o percorrido biográfico e a obra dunha personalidade, homenaxeda no Día das Letras Galegas de 2004, que tivo por oficio o soño de descubrir as raíces máis fondas de Galicia.
-5%
Antes:10,25 €
Despois9,74 €
IVE incluído
Descatalogado

Xoaquín Lorenzo. Vida e obra del autor Valcárcel López, Marcos editado por XERAIS en el año 2004.
Xoaquín Lorenzo. Vida e obra tiene un código de ISBN 978-84-9782-112-4. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Xoaquín Lorenzo. Vida e obra en formato ebook.
9,55 € 9,07 €
12,95 € 12,30 €
18,95 € 18,00 €
12,95 € 12,30 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade