Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989) foi unha das figuras máis destacadas da xeración do Seminario de Estudos Galegos e do núcleo histórico do galeguismo ourensán. Compañeiro de figuras como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas ou Xesús Ferro Couselo constituíu o último carballo da touza vizosa dunha xeración que tivo a Galicia como o seu único guieiro. Etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo Galego, membro da Real Academia Galega, Xoaquín Lorenzo percorreu infatigablemente os camiños, vales e castros de Galicia procurando atopar a auténtica alma popular galega. Autor dun xigantesco esforzo pioneiro de síntese descritiva dos aspectos tecno-económicos da nosa cultura tradicional e da fala e literatura popular, recollidos en cento vinte e tres traballos monográficos e no seu amplo estudo sobre a Cultura Material editado no segundo volume da "Historia de Galiza" dirixida por Otero Pedrayo, a figura de Xoaquín Lorenzo é indispensable para entender o saber popular labrego e mariñeiro á piques de esmorecer diante das transformacións sociais producidas na segunda metade so século XX.O presente volume, "Xoaquín Lorenzo. Vida e obra", preparado por Marcos Valcárcel, constitúe unha achega, á vez divulgativa e rigorosa, sobre o percorrido biográfico e a obra dunha personalidade, homenaxeda no Día das Letras Galegas de 2004, que tivo por oficio o soño de descubrir as raíces máis fondas de Galicia.
-5%
Before:10,25 €
After:9,74 €
VAT included
Discontinued

Xoaquín Lorenzo. Vida e obra from the author Valcárcel López, Marcos edited by XERAIS in the year 2004.
Xoaquín Lorenzo. Vida e obra has an ISBN code 978-84-9782-112-4. In this case it is format paper, but we don't have Xoaquín Lorenzo. Vida e obra in format ebook.
9,55 € 9,07 €
12,95 € 12,30 €
18,95 € 18,00 €
12,95 € 12,30 €
Get our New Releases Bulletin
Responsible for the treatment: Serlogal 2.0 S.L.; Contact: protecciondatos@serlogal.com
Recipients: Data transfers to companies outside our group are not foreseen.
Rights: Access, Rectification, Limitation, Opposition and Portability.
Detailed information can be consulted in our Privacy Policy....