Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase,
que recollemos da que el utiliza para definir o seu admirado
e querido Ramón Otero Pedraio, en artigo de homenaxe
póstuma que figura nestas páxinas, apropiámola e apómoslla
nós a el, como cifra dos textos da súa autoría que escolmamos
para dar conta -ben que mínima, significativa do
inmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nas
letras galegas do século XX. Esta antoloxía así o certifica:
comprende un arco temporal de cincuenta e sete anos (de
1930 a 1987) e está integrada por artigos, ensaios, estudos
lingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensa periódica,
discursos...: seis décadas de dedicación continuada
á investigación, análise, interpretación, crítica e divulgación
da nosa lingua e literatura, nun labor incesante que non
ten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade e
versatilidade da súa obra de creación en todos os xéneros
literarios, tamén ao longo de toda a súa vida. Este volume
recolle, con fidelidade textual, unha parte fundamental da
súa produción, de interese para profesores, estudantes e público en xeral. Son espello dunha fondura de coñecemento,
erudición, rigor documental e calidade de estilo que fan deles
leitura imprescindíbel como achega basilar ao tratamento
científico da nosa lingua, da nosa literatura e da cultura galega en xeral.
Unha obra, en fin, que continúa a ser unha fonte ineludíbel
de instrución e de sabedoría para as galegas e galegos
de hoxe.
-5%
Abans:20,00 €
Després19,00 €
IVA inclòs

RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN es un libro del género LITERATURA de ASSAIGS del autor García Negro, María Pilar editado por LAIOVENTO, S.L. en el año 2019.
RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN tiene un código de ISBN 978-84-8487-460-7 y consta de 298 Pàgines. En este caso se trata de formato paper pero tambien disponemos Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación. en formato ebook.
17,50 € 16,63 €
18,50 € 17,58 €
10,00 € 9,50 €
19,95 € 18,95 €
19,95 € 18,95 €
20,80 € 19,76 €
18,70 € 17,77 €
20,80 € 19,76 €
30,00 € 28,50 €
14,90 € 14,16 €
29,95 € 28,45 €
Vols que et comptem un secret? 🤫 Subscriu-te a nostra newsletter i rep les últimes novetats i promocions especials. Uneix-te a la nostra comunitat de lectors i lectores!
Responsable del tractament: Serlogal 2.0 S.L.; Contacte: protecciondatos@serlogal.com
Finalitat: Enviament de comunicacions comercials. Base jurídica: Consentiment exprés.
Destinataris: No es preveu cessions de dades a empreses alienes al nostre grup.
Drets: Accés, Rectificació, Limitació, Oposició
Es pot consultar la informació detallada a la nostra Política de Privadesa