Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase,
que recollemos da que el utiliza para definir o seu admirado
e querido Ramón Otero Pedraio, en artigo de homenaxe
póstuma que figura nestas páxinas, apropiámola e apómoslla
nós a el, como cifra dos textos da súa autoría que escolmamos
para dar conta -ben que mínima, significativa do
inmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nas
letras galegas do século XX. Esta antoloxía así o certifica:
comprende un arco temporal de cincuenta e sete anos (de
1930 a 1987) e está integrada por artigos, ensaios, estudos
lingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensa periódica,
discursos...: seis décadas de dedicación continuada
á investigación, análise, interpretación, crítica e divulgación
da nosa lingua e literatura, nun labor incesante que non
ten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade e
versatilidade da súa obra de creación en todos os xéneros
literarios, tamén ao longo de toda a súa vida. Este volume
recolle, con fidelidade textual, unha parte fundamental da
súa produción, de interese para profesores, estudantes e público en xeral. Son espello dunha fondura de coñecemento,
erudición, rigor documental e calidade de estilo que fan deles
leitura imprescindíbel como achega basilar ao tratamento
científico da nosa lingua, da nosa literatura e da cultura galega en xeral.
Unha obra, en fin, que continúa a ser unha fonte ineludíbel
de instrución e de sabedoría para as galegas e galegos
de hoxe.
-5%
Antes:20,00 €
Después:19,00 €
IVA incluido

RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN es un libro del género LITERATURA de ENSAYOS del autor García Negro, María Pilar editado por LAIOVENTO, S.L. en el año 2019.
RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN tiene un código de ISBN 978-84-8487-460-7 y consta de 298 Páginas. En este caso se trata de formato papel pero tambien disponemos Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación. en formato ebook.
17,50 € 16,63 €
18,50 € 17,58 €
10,00 € 9,50 €
19,95 € 18,95 €
19,95 € 18,95 €
20,80 € 19,76 €
18,70 € 17,77 €
20,80 € 19,76 €
30,00 € 28,50 €
14,90 € 14,16 €
29,95 € 28,45 €
¿Quieres que te contemos un secreto? 🤫 Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las últimas novedades y promociones especiales. ¡Únete a nuestra comunidad de lectores y lectoras!
Responsable del tratamiento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: No se prevén cesiones de datos a empresas ajenas a nuestro grupo.
Derechos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición y Portabilidad.
Se puede consultar la información detallada en nuestra Política de Privacidad....