A cidade maldita
Abella Chouciño, Xelucho
Gallec
Gallec

Sinopsi A cidade maldita

O pai de Cibrán, un neno de doce anos, é grande afeccionado a visita-los castros e a contarlles a el e mailo seu irmán historias da cultura dos celtas. Un día, xogando no parque, Cibrán bate cun medallón, que ten gravadas nas dúas caras unha chalana de coiro e un circo de pedras. O collelo, queda durmido e desaparece da época actual. Reaparece nun lugar diferente, na cidade celta de Calión que foi asolagada por unha maldición. Cando os habitantes ven o medallón de Cibrán, cren que é o enviado que estaban a agardar. Sométeno a tres probas, que o rapaz pasa sen dificultade. Cibrán e dezasete homes máis embarcan rumbo á illa de Avalón, onde vive o Reí Pescador. A viaxe é accidentada e chea de perigos. Exacoca, un anano de seis cabezas, e Setanta, un valente guerreiro, axudaranos a vence-la serpente Leviatán e a chegar con ben á illa. O Rei Pescador dilles que para desface-la maldición de Calión e das outras cidades da confederación celta teñen que vence-lo xigante do ollo na caluga e os habitantes das tebras. E así Calión quedará liberada. Dúas semanas despois da súa desaparición, Cibrán reaparece de novo. Ninguén cre a historia que conta pero el, que conserva o medallón e unha rara mensaxe, sabe que todo aconteceu de verdade.
EAN
9788497822268
Editorial
Any d'edició
2005
Pàgines
136
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
MERLIN 11 ANOS
Alt
190
Ample
135
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres