https://www.imosver.com/ca/articulo/07799801830779980183A cociña de Larpeiros. 150 receitas21.47A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Lahttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788498/978849865202.jpgLibrosLibros/GASTRONOMIASin stock temporalmenteGALAXIA000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788498/978849865202.jpg0010047303089459000022.651.132009/07/029788498652024Librosaño_2009idioma_GallecGformato_Tapa duraautor_Campos Melón, Benignosaga_SIN COLECCION
Aquest tipus de galetes permeten a l'usuari la navegació a través d'una pàgina web, plataforma o aplicació i la utilització de les diferents opcions o serveis que hi hagi.
imosverlaravel_session
Descripció
Aquesta galeta és necessària perquè el lloc web funcioni i no es pot desactivar en els nostres sistemes.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
imosver.com
OCT8NE
Descripció
Aquesta galeta s'utilitza per al correcte funcionament del Xat d'Oct8ne per prestar el servei d'atenció al client a l'usuari.
Són aquelles que possibiliten el seguiment i anàlisi del comportament dels usuaris a la nostra pàgina. La informació recollida s'utilitza per a la mesura de l'activitat dels usuaris al lloc web i l'elaboració de perfils de navegació dels usuaris.
_clsk
Descripció
Registra dades estadístiques del comportament del visitant a la web. Això s'utilitza per a anàlisis interns per part de l'operador del lloc web.
Duració
1 any
Dependències
_clsk,MUID,_clck
Domini
logglytrackingsession
Descripció
Identifica i registra la sessió de l'usuari amb finalitats analítiques.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripció
Registra una identificació única que s'utilitza per generar dades estadístiques sobre com utilitza el visitant el lloc web.
Duració
1 any
Dependències
Domini
.imosver.com
Són aquelles que ens permeten adaptar la navegació a la nostra pàgina web a les seves preferències (per exemple, idioma, navegador utilitzat, etc.).
_fbp
Descripció
Utilitzat per Facebook per oferir una sèrie de productes publicitaris, com ara ofertes en temps real de tercers anunciants.
A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas. Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da Televisión de Galicia, "Larpeiros".