A Coruña de Pedro Ferrer
Díaz Martínez, Carlos
Gallec
Gallec

Sinopsi A Coruña de Pedro Ferrer

Pedro Ferrer (A Coruña, 1870-1939) foi o máis importante fotógrafo da cidade da Coruña durante o primeiro terzo do século vinte. Propietario da coñecida "Papelería Ferrer", foi, ademais de fotógrafo e gravador, fundador da industria discográfica en Galicia producindo os primeiros discos de música galega. Dende 1900 a 1930 percorreu toda Galicia coas súas cámaras de gran focal e placas de cristal, realizando máis de catro mil pezas fotográficas, que constitúen hoxe un dos máis importantes legados do noso patrimonio paisaxístico e cultural, alén da súa importancia etnográfica pola súa preocupación por presentar ás xentes en todas as situacións da súa vida. Unha parte significativa desta obra foi reco-llida en Portfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904, que pretendían divulgar o nos patri-monio cultural, histórico e monumental. O documentalista Carlos Díaz Martínez recompila, por vez primeira, neste volume máis de dous centenares de fotografías da cidade da Coruña e das vilas dos seus arredores (Betanzos, Sada, Cambre, Oleiros, Arteixo, Culleredo) agrupadas en catro grandes apartados temáticos: "Patrimonio histórico e monumental"; "Novo urbanismo e os traballos"; "Festas e xentes" e "Patrimonio e xentes". Un libro de edición moi coidada e grande formato, de encadernación acartonda, que constitúe unha viaxe no tempo pola Coruña de sempre: dende as vistas da península da Torre ata a Colexiata de Santa María, do Xardín de San Carlos ata o Castelo de San Antón, da rúa de San Andrés ata o Cantón Gran-de, do Parrote á Dársenaà Un libro que tamén recolle as faenas e actividades das xentes: as lavandeiras no río Monelos, os paseos polos xardíns de Riazor, os desfiles de carrozas nos Cantóns, as festas de Carnaval, a festa da Arbore e outros tantos eventos cívicos. En definitiva, unha contribución importan-te para vivificar a memoria gráfica da cidade herculina.
EAN
9788497823722
Editorial
Any d'edició
2005
Pàgines
240
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres