Primeras páginas
Sinopsi A CRUELDADE DE ABRIL
Unha novela escura e opresiva, escrita cun desacougante lirismo, sobre a miseria moral que habita en nós. Un rexistro turbador da violencia contemporánea, na súa representación máis sórdida e brutal, sen fuxir dos ángulos en sombra dunha realidade desalentadora. Unha inspección precisa da ignominia en curso dos nosos días, relatada sen apartar os ollos do horror. Un relato atravesado por unha estraña e clarividente poesía da crueldade. Os protagonistas coñecen o abismo. Non hai aquí espazo para a esperanza. Só para unha historia salvaxe.