Sinopsi A EDUCACIÓN: DEREITO OU MERCADURÍA?
Cómpre, xa que logo, poñerse mans á obra e saír ao paso con datos e argumentos que cuestionen as accións e o discurso dominante, mesmo coa intencionalidade de promovermos unha aposta non só defensiva, ao pairo do que vén -ou da que está caendo- senón co propósito de formularmos elementos diverxentes e alternativos, nunha liña propositiva e aberta ao debate educativo e social.
Na balbordo das reaccións que as políticas neocon suscitan na cidadanía e inmersos na caótica tramitación dunha nova reforma educativa da envergadura da LOMCE, á que previsiblemente seguirán anunciadas mudanzas no ámbito universitario e no conxunto do sistema, as distintas achegas que conforman este libro pretenden poñer o foco naqueles elementos que constitúen agora mesmo o albo da acción contrarreformista.
Trátase dunha obra colectiva que pretende axudar a manter activo o debate e a mobilización cidadá a prol da conquista democrática que representa a educación pública.