A fada das lapas
Janeiro, Manuel
Gallec

Sinopsi A fada das lapas

Tras o éxito de Pucho, o habitador dos tellados, o seu primeiro libro de narrativa, o deseñador Manuel Janeiro volve á procura dos lectores con A fada das lapas, á vez unha narración transparente e misteriosa na que o autor, sen abandonar a súa preocupación pola linguaxe, mesmo pola linguaxe poética, traza a historia dun ser sobrenatural, das súas relacións cun ser humano e do fillo froito dese emparellamento. En toda a obra latexa un impulso tráxico e mítico, por veces sagrado. Esta nova achega de Janeiro é deses libros difíciles de deixar de ler unha vez comezados. O lector queda atrapado na vitalidade da historia ata advertir que non está inmerso nunha aventura de resonancias medievais e mitolóxicas, senón nunha metáfora do noso tempo que fala da seducción, do amor, da ruptura da parella e da esnaquizadora perda dos fillos. Nunha edición singular, con ilustracións de Zita Delaco, Editorial Galaxia publica esta narración transparente e misteriosa que é asemade unha metáfora do noso tempo ao falar da seducción, do amor, da ruptura da parella e da perda dos fillos.
EAN
9788498651331
Editorial
Any d'edició
2008
Pàgines
60
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
240
Ample
170
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres