A integración europea
Pardellas de Blas, Xulio (Coor
Gallec

Sinopsi A integración europea

En 1996 a Comisión Europea confirmoulle á Universidade de Vigo a concesión dun módulo multidisciplinar de introducción á integración europea, que supoñía a súa participación no Proxecto Jean Monnet, que reune a máis de 200 universidades para promover a idea de Europa. Este módulo foi dispensado por primeira vez no curso 1996-97. Daquela evidenciouse a necesidade dun manual de consulta sobre temas europeos que tivese un enfoque multidisciplinar e en lingua galega. De aí naceu A integración europea. Un enfoque interdisciplinar, un libro que achega aos estudiantes e a todas as persoas interesadas unha sorte de síntese e crisol de enfoques para o estudio do proceso de construcción europea.En A integración europea, analízase a evolución da construcción europea desde as pioneiras formulacións para acadar a unidade de Europa, en 1919, ás diferentes modificacións institucionais que callaron na transformación da Comunidade Económica Europea na UE.Na segunda parte faise un repaso da conformación da estructura orgánica e institucional da Unión Europea, reparando na formación do dereito comunitario e nos seus principios, antes de se deter no estudio do proceso contencioso administrativo.A terceira sección dá conta das claves económicas do proceso de integración e dos seus efectos, para logo debullar as diferentes políticas, económicas e sociais comunitarias, así como as súas formas de financiamento e as avantaxes e problemas da Unión Monetaria.Na derradeira sección analízase a diversidade cultural da Unión Europea e proporciónase unha visión sintética da riqueza idiomática a través do estudio das once linguas oficiais na Unión Europea.
EAN
9788483023921
Editorial
Idioma
Gallec
Col·lecció
UNIVERSITARIA
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres