https://www.imosver.com/ca/libros/a-memoria-de-lugo-31003700033100370003A memoria de Lugo81.04O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, todas elas da colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introhttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302593.jpgLibrosSin stock temporalmenteXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302593.jpgNOB009076831003700133100370012310998018785.354.269788483025932Díaz Martínez, CarlosLibrosidioma_GallecGautor_Díaz Martínez, Carlossaga_ALBUM DE POSTAIS
Aquest tipus de galetes permeten a l'usuari la navegació a través d'una pàgina web, plataforma o aplicació i la utilització de les diferents opcions o serveis que hi hagi.
imosverlaravel_session
Descripció
Aquesta galeta és necessària perquè el lloc web funcioni i no es pot desactivar en els nostres sistemes.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
imosver.com
OCT8NE
Descripció
Aquesta galeta s'utilitza per al correcte funcionament del Xat d'Oct8ne per prestar el servei d'atenció al client a l'usuari.
Són aquelles que possibiliten el seguiment i anàlisi del comportament dels usuaris a la nostra pàgina. La informació recollida s'utilitza per a la mesura de l'activitat dels usuaris al lloc web i l'elaboració de perfils de navegació dels usuaris.
_clsk
Descripció
Registra dades estadístiques del comportament del visitant a la web. Això s'utilitza per a anàlisis interns per part de l'operador del lloc web.
Duració
1 any
Dependències
_clsk,MUID,_clck
Domini
logglytrackingsession
Descripció
Identifica i registra la sessió de l'usuari amb finalitats analítiques.
Duració
Sesión
Dependències
Domini
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripció
Registra una identificació única que s'utilitza per generar dades estadístiques sobre com utilitza el visitant el lloc web.
Duració
1 any
Dependències
Domini
.imosver.com
Són aquelles que ens permeten adaptar la navegació a la nostra pàgina web a les seves preferències (per exemple, idioma, navegador utilitzat, etc.).
_fbp
Descripció
Utilitzat per Facebook per oferir una sèrie de productes publicitaris, com ara ofertes en temps real de tercers anunciants.
O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, todas elas da colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade da cidade de Lugo e das vilas máis significativas da provincia, nese periodo: dende a articulación urbana da cidade da Muralla e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. As terras luguesas pola súa situación foron, a porta de entrada e paso obrigatorio de Galicia. Nos albores do século XX, reflectidas nas imaxes reproducidas neste volume, as terras luguesas amosan unha reticula feita á medida do home (paisaxe de humanidade). Máis a fermosura da paisaxe e do patrimonio histórico non poden agachar a realidade socioeconómica daquel momento: a vixencia do sistema foral, a situación de estancamento e de anomía social dunha provincia, que economicamente vive ao borde da supervivencia, o desprazamento da poboación cara ás cidades e a emigración a América.Estas realidades definirán as produccións fotográficas das tres primeiras décadas do século XX. A primeira parte recolle as vistas xerais da cidade lucense, deténdose, nas vistas da Muralla, algunhas delas practicamente inéditas ata hoxe. O escritor Paco Martín,"Da cidade de Lugo" , propón un paseo pola cidade dende a Praza da Constitución e o Paseo do Cantón, ata as Prazas de san Domingos e do Campo. Fausto Galdo, "Mariñas e Terras do Norte", evoca a vida das terras mariñás no comezo do século XX, diante das vistas de Viveiro, Celeiro, Ribadeo e Foz. O poeta Manuel María, "De Lugo ó Cantábrico cruzando a Terra Chá", ilustra as postais de Mondoñedo, Vilalba e Guitiriz. O escritor Lois Diéguez ,"Val de Lemos e Terras do Sur", recrea as postais de Monforte, Quiroga, Sárria, Samos e San Clodio. Pecha o volume a traducción dos textos literarios ó castelán e inglés, así como a catalogación das pezas deste magnífico volume.