A miña man na túa
Landa Etxebeste, Mariasun
Gallec

Sinopsi A miña man na túa

O protagonista e narrador desta novela é Xabi, un rapaz na idade da preadolescencia. Un día decide fuxir da súa casa e vai refuxiarse nunha cabana do monte, só coñecida por el e mailo seu amigo Antón. Alí, na cabana, ponse a escribí-los seus pensamentos, e deste xeito, podemos coñece-la súa historia.Así, sabemos que Xabi vivía só coa súa nai. O seu pai morrera nun accidente, cando el aínda non nacera.Un día descobre que a súa nai está namorada de novo. O mozo é Carlos, un profesor, e Xabi non o pode nin ver. Como a nai segue adiante co noivado, o rapaz non o dá aturado máis e foxe da casa.A través do que Xabi escribe, imos coñecendo outras cousas importantes da súa vida: a profunda amizade con Antón, un rapaz entusiasta da natureza; o seu cariño por Sabela, unha compañeira de clase que lle gusta moito; a simpatía que sente por Irene, namorada dun home que morrera asasinado...O relato remata na madrugada, despois de que Xabi pasase a súa primeira noite só, na cabana do monte. Nese momento, con fame e frio, desexaría sentirse preto da súa nai, como cando era máis pequeno; pero tamén sabe que, dalgún xeito, as causas xa nunca poderán volver ser como eran e el terá que afrontar unha nova etapa na súa vida.
EAN
9788475079875
Editorial
Idioma
Gallec
Col·lecció
MERLIN 11 ANOS
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres