- Libros
- BIOGRAFIAS
- A morte de Valle-Inclán. O último esperpento
- Libros
- BIOGRAFIAS
- A morte de Valle-Inclán. O último esperpento
A morte de Valle-Inclán. O último esperpento
Reigosa, Carlos G. del Valle-Inclán Alsina, Javier Monleón, JoséSinopsi A morte de Valle-Inclán. O último esperpento
Carlos G. Reigosa e Javier del Valle-Inclán (neto do escritor) expoñen neste libro dúas versións suxestivas e complementarias daqueles episodios. Ambos os dous centraron a súa ollada investigadora nos últimos meses de don Ramón. O resultado son dúas visións esenciais que nos mergullan nunha realidade nova e sorprendente.
O crítico de teatro José Monleón, fundador e director da revista Primer Acto e experto na obra de Valle-Inclán, presenta e completa o libro cunha reflexión sobre a traxectoria que seguiu o teatro do escritor galego, desde a negación inicial ata a súa exaltación universal.
A morte de Valle-Inclán é un libro para sentir de cerca o latexo do grande escritor e rememorar a Historia doente que lle tocou vivir.