A noite do moucho
Rei Ballesteros, Anxo A.
Gallec

Sinopsi A noite do moucho

Trátase dun texto non definitivo, mais si completo e rematado, que Anxo Rei Ballesteros empezou a escribir a man en Codeso (Boqueixón) no mes de agosto do 2007 e que estaba a pasar a unha versión final mecanoscrita cando a enfermidade lle impediu continuar. Tanto o manuscrito como a parte mecanografada foron profusamente corrixidas polo autor, correccións que esta edición recolle. Na novela, un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunha morte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevación militar de 1936. Rei Ballesteros aborda nela algunhas das preocupacións principais da súa singular e inesquecible obra literaria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxe como xeitos de expresión da incerteza da realidade. Entre as características literarias desta obra destaca o papel da oralidade como método narrativo; o autor opta pola palabra dinámica, achegada á fala, en prexuízo da lingua formalizada. En A noite do moucho, a comunicación oral é fundamental para facer da obra literaria un texto no que o receptor atope, coma nun diálogo, a posibilidade de participar, de cuestionar a verdade do escrito. Novela inédita de Anxo A. Rei Ballesteros que se publica postumamente e coa que se inicia a Biblioteca Rei Ballesteros, na que se vai recoller a obra literaria do autor.
EAN
9788498652406
Editorial
Any d'edició
2009
Pàgines
120
Enquadernació
Libro en otro formato
Idioma
Gallec
Col·lecció
BIBLIOTECA A.REI BALLESTEROS
Alt
210
Ample
135
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres