- Libros
- METODO IDIOMAS, FILOLOGIA Y LINGÜÍSTICA
- A nosa terra é nosa!
- Libros
- METODO IDIOMAS, FILOLOGIA Y LINGÜÍSTICA
- A nosa terra é nosa!
Sinopsi A nosa terra é nosa!
Transcorridos cen anos desde aquel acontecemento histórico, a presente monografía ve lume para intentar ofrecer unha descrición fiel e detallada da traxectoria, actividades, publicacións, campañas, iniciativas, debates e conflitos que foron balizando o desenvolvemento desta entidade, unanimemente considerada pola historiografía como punto de arranque do nacionalismo galego contemporáneo.
A súa disolución no seo do Partido Galeguista, en decembro de 1931, marca por iso mesmo o remate do noso percorrido, no que propositadamente emprestamos atención ás diversas vertentes esenciais do labor dese auténtico "cerebro colectivo" que foron as Irmandades: a reivindicación idiomática, o labor literario-cultural, a acción política e a elaboración doutrinaria. Optamos por facer un desenvolvemento pegado á cronoloxía, pois pensamos que así, presentados no seu contexto histórico en cada momento, entenderanse mellor os méritos, as dificultades e os logros de cada unha das iniciativas irmandiñas.
Notarase en moitos parágrafos desta monografía a especial relevancia que concedemos á figura e aos textos do promotor das propias Irmandades, Antón Villar Ponte, de quen nos servimos como eixo vertebrador do noso relato e a cuxa obra xornalística acudimos reiteradamente para ilustrar os procesos e reviravoltas da entidade.