A princesa Lúa e o enigma de Kian
González Boullosa, Palmira
Gallec

Sinopsi A princesa Lúa e o enigma de Kian

A historia que se nos conta neste libro desenvólvese nunha Galicia mítica e comeza presentándonos ó reí Artús, que ten o seu fogar preto da lagoa de Antela. Anda sempre en batallas, polo que a raíña enferma de tristura. Como os médicos din que só a salvará " o amor máis grande do mundo " , deciden ter unha filla, á que lle poñen o nome de Lúa.Pero a raíña morre, e a princesa queda ó coidado da dama Rovena, unha muller da corte, viúva dun famoso guerreiro, e a quen as fadas da lagoa de Antela lle roubaran anos atrás o seu fillo Brandón.Kian, un bardo, dille un estraño enigma, no que se fala dunha lúa que liberará ó seu fillo Brandón. E dama Rovena vai educando á princesa cuns criterios " diferentes " ós tradicionais, fuxindo da formación que se lle adoitaba dar ás nenas.Cando Lúa cumpre os trece anos, tenta resolve-lo enigma do bardo Kian. Decátase de que ela é a " lúa " da que se fala no raro enigma, de maneira que terá que levar a cabo tódalas probas que nel se din, se quere liberar ó mozo Brandón, do que está secretamente namorada, incluso sen coñecelo.A princesa Lúa emprende a viaxe e vai pasando por numerosas aventuras, nas que ten que resolve-los máis difíciles atrancos. Pero a rapaza acaba por chegar á lagoa, vence-lo poder das fadas e destruí-lo maleficio que mantiña preso ó seu namorado, liberando así ó mozo Brandón, co que finalmente casa.
EAN
9788475074801
Editorial
Pàgines
104
Idioma
Gallec
Col·lecció
MERLIN 11 ANOS
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres