A saúde do asistido
'María del Pilar Fernández Soto e Nuria Fernández Soto'
Gallec

Sinopsi A saúde do asistido

Na sociedade actual, moitas miradas vólvense cara á atención de persoas que, pola súa incapacidade ou a súa idade avanzada, perderon a súa autonomía na vida cotiá. A demanda de profesionais formados que presten a súa axuda a estes colectivos é cada día maior, de aí que xurda con forza nas páxinas de ofertas de emprego a figura do auxiliar de axuda a domicilio como unha profesión de futuro.

Con este manual, o lector poderá adquirir coñecementos relacionados co dominio das técnicas, os recursos e os produtos que aseguren unha alimentación apropiada aos requirimentos físicos e psíquicos dos asistidos, cos coidados hixiénicos necesarios de aseo persoal e co vestiario, necesarios para desempeñar correctamente as tarefas domésticas que competen ao auxiliar de axuda a domicilio.

Os contidos que presentamos correspóndese cos módulos 'Nutrición, Dietética e Alimentación'; 'Hixiene e Seguridade Persoal' e 'Limpeza e Coidados do Fogar', do certificado de profesionalidade de 'Auxiliar de Axuda a Domicilio', segundo o Real decreto 331/1997.

Ideaspropias Editorial desenvolve este manual de formación para todos aqueles profesionais que se dedican a este labor ou desexan facelo, co fin de que amplíen os seus coñecementos sobre esta materia facilitando a obtención, ao mesmo tempo, dun título recoñecido polo Sistema Nacional de Cualificacións.
EAN
9788498390841
Editorial
Any d'edició
2008
Pàgines
280
Idioma
Gallec
Col·lecció
MANUALES GALEGO
Alt
240
Ample
170
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres