Sinopsi A vinganza do defunto
A novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns -co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis-, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.