Acoso e demolición do sistema público de ensino
Branco Buxán, Xosé Ramón
Gallec

Sinopsi Acoso e demolición do sistema público de ensino

O ensaio identifica no sistema educativo unha serie de subxectividades e de arquitecturas organizativas que forman parte da cultura neoliberal hexemónica en Occidente. Os procesos de privatización e individualización que se fundamentan na estigmatización, segregación e degradación do ensino público, representan un perigo e un desafío para o cumprimento dos obxectivos ideais de ben público, de balde e de acceso universal. As mudanzas das formas estruturais tradicionais cara outras en rede, de subcontratas ou de tipo trevo, camiñan cara formas privatizadoras en todos os seus niveis, ao mesmo tempo que modelan de xeito diferenciado unha serie de novas subxectividades. A presenza da Covid-19 acelerou os procesos privatizadores desencadeados polo plan Bolonia mediante a implantación intensiva das TIC, que envoltas polo mito da neutralidade representan para Boaventura de Sousa Santos novos desafíos "como por exemplo a dixitalización do coñecemento, do ensino e da aprendizaxe". Na actualidade ninguén cuestiona conceptos como "ciclo económico" ou a "importancia do empresario e do emprendedor" de xeito que a innovación converteuse nun dos piares da industria das TIC e da sociedade en xeral. O alcance dos efectos desta política neoliberal, sobre o sistema público de ensino, dependerán da racionalización e da interiorización dunha submisión, previamente aprendida na sociedade e nas propias estruturas escolares, cara un poder que interpela a natureza dos individuos para xustificar a súa implantación.
EAN
9788484875536
Any d'edició
2021
Pàgines
280
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
nº colección
280
Col·lecció
Ensaio
Alt
210
Ample
140
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres