Aníbal Otero
Alonso Montero, Xesús
Gallec
Gallec

Sinopsi Aníbal Otero

Este libro é a biografía de Aníbal Otero Alvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre. Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, pola Policía portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridades militares de Tui, que, sen lexitimidade política, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro. Días antes, Aníbal Otero entrevistaba os "camponeses" do norte de Portugal como colaborador do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, el que, meses antes, investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia. Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas. Cando, nos anos cincuenta, Aníbal Otero volve á actividade lingüística, faino con dificultades, con limitación de medios científicos e con moi poucos azos. Aníbal Otero está dentro das coordenadas da lingüística española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exilio interior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito sempre na belixerante dignidade de quen proclamaba que non "amnistiaba a Francoö).
EAN
9788499141985
Editorial
Any d'edició
2011
Pàgines
416
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
BIOGRAFIA
Alt
225
Ample
150
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres